Planes sairá en DVD

0
220

A DisneyToon Studios ven de anunciar oficialmente que producirá Planes, un filme de debuxos animados xerados por computador que é unha secuela do seu éxito Cars. O novo filme debutará directamente no mercado de DVD e Blu-ray na primavera de 2013.

Segundo a nota de prensa dada a coñecer antonte, a história presentará un novo e divertido reparto, totalmente orixinal, formado por temerários avións de todas as partes do mundo. A história centrará-se en Dusty, un avión dunha pequena vila que gosta de soñar con que pode participar na carreira de avións épica mais importante do mundo… e todo ainda que lle teme ás alturas.

Coa axuda e o apoio dun grupo de persoaxes novos, Dusty conseguirá abrir-se paso cara ao maior desafío da súa vida.