Kunis abandoa Akira

0
152

Mila Kunis abandoa o proxecto de remake con actores reais de Akira, o clásico manga épico de 1988 de Katsuhiro Ôtomo, para se adicar a Oz, The Great and Powerful, o novo filme de Sam Raimi.

David Lindsay-Abaire (Rabbit Hole, Inkheart) é o guionista que presentou o libreto mais recente desta precuela de O Meigo de Oz, que narra a história das orixes do Meigo e das célebres bruxas Glinda, a bruxa boa do Norde e Evanorah, a malvada bruxa do Leste.

Seica Kunis é perfecta para o papel de Theodorah, a irmá pequena de Evanorah, quen se converterá na malvada bruxa do Oeste. Coa participación de Kunis, seica por fin se podería tamén confirmar a de James Franco, quen levaba a rondar sobre este proxecto as últimas semanas para o papel do Meigo. A rodaxe escomezará en xullo.

Os irmáns Hughes querían recrutar a Kunis para Akira, pero dado que o seu proxecto conta cun orzamento xigantesco, a Warner Bros. Pictures insistiu en incorporar a unha estrela mais coñecida para atraer á xente ao cinema. Hai uns días Brad Pitt rexeitou participar no filme, o que fai xurdir nubes de dúbida sobre o proxecto.