¡Maldito bastardo! prémio en Fearmament

0
217

¡Maldito Bastardo!O xove cineasta compostelán Javi Camino, de pouco mais de 20 anos, trunfou na sección oficial de longametraxes do festival italiano Fearmament acadando o premio á mellor película con ¡Maldito Bastardo!

¡Maldito Bastardo! era a única película española seleccionada para o concurso, competindo con películas procedentes de Dinamarca, Itália, Inglaterra ou Franza. O festival, que celebraba a súa primeira edición, tivo lugar a semana pasada en Turín, dentro do entorno dun vello mosteiro abandoado. Durante unha semana, o público italiano puido disfrutar das últimas novidades do cinema de terror. Segundo Marco Mantoan, organizador do festival, a xente volveu-se tola con ¡Maldito Bastardo!

A película, producida por Álvaro Novo, estreou-se recentemente no Festival de Cans, e planea seguir un longo periplo por festivais internacionais. ¡Maldito Bastardo! é toda unha rara avis dentro do audiovisual galego. Producida ao longo de tres anos, de forma totalmente independente da indústria, cun orzamento mínimo e unha equipa humana moi nova coa participación como actor do novo “chico Almodovar” Tamar Novas, a icona gore Juanillo Esteban e novas promesas como Pilar Miguelez.