Winstead cazará vampiros con Lincoln

0
145

Mary Elizabeth Winstead (Final Destination 3) será Mary Todd no filme de acción e aventuras Abraham Lincoln: Vampire Hunter na 20th Century Fox. O director ruso Timur Bekmambetov dirixe esta adaptación da novela de Seth Grahame-Smith que trata sobre os diários secretos nos que o Presidente Lincoln falaba de cazar vampiros. Benjamin Walker, Dominic Cooper e Anthony Mackie son os outros protagonistas xa confirmados.