Os bonecos de Prometheus

0
221

Os rumores ao redor do argumento do vindeiro filme de Ridley Scott, Prometheus, continúan a xurdir e o martes coñecimos que mália que semellaban xa non ter entrada na história, os xenomorfos do filme orixinal de 1979 Alien estarán vencellados dalgún xeito ao guión.

De feito, fontes internas da produción afirman que están a construir un Space Jockey animado (o nome co que se coñece aos membros da raza alieníxena que se estrelou no planetoide), todo elo supervisado nada menos que polo deseñador dos xenomorfos orixinais, o mítico H.R. Giger. O boneco sería de dous metros e médio de alto e contaría cunha cabeza “semi humana”, se ben haberá igualmente un álien xerado por computador que é unha cabeza xigante que pilota unha nave.

Todos estes rumores soan ainda moi raros e deslavazados porque teñen moito de especulación, pero onte recebiu-se outra mensaxe indicando que segundo un boceto orixinal do filme, hai un planeta con armas biolóxicas que é o vencello entre os filmes orixinais de Alien e a precuela que están a producir agora mesmo.