A Platinum Dunes está a planear unha longametraxe que tentará adaptar ao cinema o cómic orixinal de Chris Ryall e Ashley Wood Zombies vs. Robots na Sony Pictures.
A história vai sobre unha rapaza que é a derradeira ser humano sobre a Terra após dunha terríbel vaga que converteu en zombis a todos os demais. A rapaza será protexida dos feroces zombis por un grupo de robots, pero hai algo nestes zombis que fai que non sexan tan estúpidos coma outros aos que estamos acostumados a ver…
O acordo de produción tamén inclúe un guión de J.T. Petty titulado Inherit the Earth e que usou ao devandito cómic coma base. Algúns nomes senlleiros coma os de Michael Bay, Bradley Fuller, Andrew Form, David Alpert e Rick Jacobs están atrás deste proxecto.