Berdal, a bruxa súpermala

833

A actriz noruega Ingrid Bolsø Berdal ven de unir o seu nome ao reparto de Hansel and Gretel: Witch Hunters, o filme que producirán conxuntamente a Gary Sanchez Productions e mais a Paramount Pictures.

A história retoma o clásico conto de fadas dos irmáns Grimm, quince anos despois de que os nenos protagonistas do conto orixinal puideran fuxir da casa da malvada bruxa, e agora traballan coma cazadores de recompensas. Jeremy Renner e Gemma Arterton interpretarán á parella.

Berdal fará o papel dunha das bruxas, que a nota de prensa oficial describe coma unha “máquina de matar súper mala“. Famke Jansenn tamén ten un papel neste filme.

Tommy Wirkola (Dead Snow) dirixe a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a D.W. Harper. A rodaxe escomezará dentro duns poucos días en Berlín.