John August (Charlie and the Chocolate Factory) é polo de agora o último nome de guionista que recibe o encargo de escribir o libreto para o filme The Strange Adventures of H.P. Lovecraft que están a producir a Universal e mais a Imagine Entertainment.
Mac Carter e Jeff Blitz foran os autores da novela gráfica orixinal, na que o clásico escritor de contos de terror ve convertidos os seus pesadelos en realidade após de se atopar cun libro maldito que lle permite esconxurar aos demos e deixa-los soltos polo mundo.
A história toma tamén prestados moitos elementos da vida real do lendário autor dos Mitos de Cthulhu, coma a loita da súa família contra das enfermidades mentais e os seus própios medos e dúbidas sobre a súa condición de escritor.
Xa en 2009 informára-se que Carter estaba a adaptar o guión el mesmo, mentres que Ron Howard podería ser o director. Nombergantes, os compromisos de Howard para adaptar A Torre Escura de Stephen King semellan demasiado grandes coma para poder desdobrar-se en dous traballos tan esgotadores. Ainda así, agárda-se que participe na produción xunto a Brian Grazer, cuxo nome tamén estivo vencellado ao intento de 2009.
De todos os xeitos, dado que non hai un director para este proxecto, ainda non ten unha data de escomezo.