A tenda de mascotas zombi

0
158

A Animation Picture Company está a preparar o desenvolvemento dunha nova longametraxe de debuxos animados en 3D e que levará por título Zombie Pet Shop.

O argumento xira ao redor dunha misteriosa praga que se espalla pola tenda de mascotas dun centro comercial, e que converte a todos os animais en zombis. Un can normal e corrente deberá atopar o antídoto que salve aos seus amigos de catro patas, así coma aos humanos que os queren adoptar.

E.L. Katz (Autopsy, Pop Skull) escribiu o guión orixinal, que John Davis, Brian Manis, Ash Shah, Dan Chuba e Mark Dippe producirán.