Columbus nun remake coreán

0
181

Chris Columbus (Percy Jackson) será o encargado de dirixir o remake da longametraxe coreana Hello Ghost.

O argumento do filme orixinal vai sobre un home que comeza a ver pantasmas após dun intento fracasado de se suicidar. Columbus, Michael Barnathan e Mark Radcliffe serán os produtores.

A compañía 1492 Pictures, propiedade do mesmo Columbus, adquiriu os dereitos para o cinema sobre este filme á empresa financeira Next Entertainment World. A compañía chegara en 2009 a un acordo de desenvolver tres longametraxes xunto á sulcoreana CJ Entertainment, pero este filme concreto non forma parte do devandito acordo.