Ewan McGregor (Obi Wan Kenobi en A Guerra das Galáxias) está a negociar a súa entrada no repartode actores que darán vida aos protagonistas de Jack the Giant Killer, o novo filme de Bryan Singer para a New Line e a Legendary Pictures.
Esta nova volta de rosca sobre o clásico conto de fadas de Jack e os Feixóns Máxicos xirará ao redor dun granxeiro (Nicholas Hoult) que lidera unha expedicións que tentará rescatar a unha princesa prisioneira dos xigantes, unha situación que pon en risco a fráxil paz entre os humáns e os xigantes.
McGregor interpretaría ao líder da garda de elite do rei, que axuda a loitar contra os xigantes. Stanley Tucci, Bill Nighy e John Kassir son os outros nomes que xa figuran no elenco protagonista.
O papel da princesa está ainda por decidir, probábelmente entre Adelaide Kane e Eleanor Tomlinson. A rodaxe debe escomezar a finais deste mes en Londres.