Scott fala da Prometheus

1236

Idris Elba (Luther, The Wire), Sean Harris (Red Riding, Creep) e Kate Dickie (Red Road, The Pillars of the Earth) veñen de unir os seus nomes ao reparto de Prometheus, o vindeiro filme épico de ciéncia-ficción dirixido por Ridley Scott, segundo confirmou o mesmo director nunha recente entrevista.

Scott tamén confirmou os nomes de Noomi Rapace, Charlize Theron e Michael Fassbender e revelou que os actores, que asinaron cláusulas que lles impiden falar do argumento, só poideron lér o guión na mesma oficina de Ridley.

Sobre o argumento, Scott dixo que “é a história da creación, dos deuses e do home que se lles enfrentou. Non é un filme pequeno“. A rodaxe escomezará dentro de tres semanas en sete escenários situados nos estudos Pinewood de Londres, os mesmos que acollen os filmes de 007.

Scott volveu salientar que o filme non será unha secuela de Alien, mália todas as informacións en contrário. A mais recente filtración dicía que o filme está ambientado nun planeta que foi terraformado para crear un ambiente perfecto para que poida medrar nel unha arma biolóxica.

Segundo as mesmas filtracións, o habitual monstro xenomorfo da saga de Alien estará neste filme, pero non coa forma que todos coñecemos. Tal e coma se indicara noutros filmes anteriores, os xenoformos toman a forma das creaturas que habitan, e por iso os primeiros eran bípedos e os seguintes cuadrúpedos.