Jon Chu en G.I. Joe 2

912

O director chinés-americano Jonathan Murray “Jon” Chu (Justin Bieber: Never Say Never) ven de gañar a F. Gary Gray (Law Abiding Citizen) na competición por ver quen dos dous sería o encargado de dirixir a secuela de G.I Joe para a Paramount Pictures.

Chu ven de escomenzar oficialmente negociacións para dirixir o proxecto, que polo de agora só levao nome de G.I. Joe 2. Stephen Sommers fora o realziador da primeira entrega, que mália contar cunhas premisas moi débiles, sorprendeu agradábelmente á crítica e aos espectadores o ano pasado, acadando unha boa recadación.

Agora agárda-se que moitos dos actores protagonistas da primeira parte regresen, pero entre eles non estarán nin Joseph Gordon-Levitt nin Sienna Miller con case total probabilidade. Iso si, Channing Tatum repetirá o papel de Duke.