O protagonista de The Soup e Community, Joel McHale, está a negociar os últimos pontos en aberto na súa negociación para se unir ao reparto de Ted, a comédia que Seth MacFarlane prepara para a Universal Pictures.
A história vai sobre un home de trinta e tantos anos de Boston (Mark Wahlberg) cuxo ursiño de peluxe cobra vida e convérte-se nun delincuente que di palabrotas, fuma e evita que o home madure.
Mila Kunis, a quen vimos recentemente en Black Swan, será a moza de Wahlberg, que quere dar o seguinte paso na súa relación e que xa está farta do ursiño.
Joel McHale será Rex, o mulleriego xefe de Kunis, que está a tentar conquista-la constantemente. Adam Scott era quen até agora semellaba seguro para este papel, pero foi sustituido no último momento. Giovanni Ribisi foi contratado a princípios da semana pasada para facer de fan obsesionado por Ted.
O creador da popular e irreverente série de televisión Family Guy, MacFarlane, fará o seu debut coma director neste filme, que conta cun guión escrito por el mesmo xunto a Alec Sulkin e Wellesley Wild.