Mortensen, o xeneral Zod

0
200

O nome de Viggo Mortensen está a soar moi forte coma candidato a se facer co papel de Xeneral Zod no vindeiro relanzamento de Superman no cinema da man da Warner Bros. Pictures.

Pero Mortensen está a negociar a súa participación en Snow White and the Huntsman coa Universal, e só se as negociacións non chegan a bó porto ou se o calendário llo permitira podería aceptar facer un óco na súa axenda para recoller a luva deixada por Terence Stamp, o último actor que deu vida na pantalla grande ao malvado kryptonián en Superman II.

A Warners ainda non comentou ren sobre este rumor, pero tampouco o fixo sobre ningún dos outros nomes que están a se mencionar ao redor deste proxecto, á parte do anúncio oficial de confirmación de Henry Cavill coma o Home de Aceiro. En todo caso, a produción debe escomezar xa dentro duns días e a data de estrea segue fixada para decembro de 2012.