Inception, 4 Oscars

0
375

A 83ª gala dos prémios da Académia de Cinema de Hollywood celebrou-se onte á noite e tal e coma estaba previsto, deixando moi pouca marxe ao cinema de xénero.

O filme Inception de Christopher Nolan dominou os apartados técnicos levando catro estatuíñas para casa, entre elas as de millor fotografía, millor edición de són, millor mistura de són e millores efectos especiais.

Pola súa banda, Black Swan, un filme que non cabe sinalar totalmente coma de xénero, e se cadra por iso salvou-se da queima, acadou o prémio á millor actriz, que foi para Natalie Portman, tal e coma se agardaba. Foi o único dos prémios importantes que foi parar ao cinema fantástico, que coma é habitual, ficou fóra das sorpresas moi axiña.

Así, Toy Story 3 puido facer-se con dous Oscars, á millor película de debuxos animados e á millor canzón, e Alice in Wonderland tamén acadou outros dous prémios, á millor dirección artística e ao vestiário.

Finalmente, nunha gala aburrida e triste na que non houbo moito salientábel, o filme de lobishomes The Wolfman obtivo o prémio á millor maquillaxe.