Djinn, terror árabe

0
194

Tobe Hooper (Poltergeist, A masacre de Texas) será o director do filme de terror con demos árabes Djinn para a Imagenation Abu Dhabi.

David Tully escribiu este guión, que é un thriller cunha casa enmeigada á que regresa unha xoven parella dos Emiratos Árabes despois dunha viaxe polos Estados Unidos, e alí descubren que o seu novo apartamento nunha zona de luxo foi construído sobre unha antiga vila de pescadores abandoada por mor dun malévolo demo Djinn.

Nayla Al Khaja será a consultora cultural deste filme e traballará co director mentres se prepara para o que será o primeiro filme de terror rodado nun país árabe, onde a censura impide a mesma existéncia do cinema coma indústria. A rodaxe escomezará nos Emiratos Árabes Unidos este mesmo mes.