A paciéncia de Will Smith

0
182

Will Smith leva tempo decidindo cal será o seu seguinte proxecto, o que fai medrar os rumores ao seu redor, porque ningun deles semella ser o escollido. E agora ven de lle xurdir unha nova oportunidade, unha versión moderna do mito de Xob que aparece no libro sagrado dalgunhas relixións e que levaría por título Joe.

Os guionistas de The Fighter Paul Tamasy e Eric Johnson venderon o proxecto á Sony Pictures e á empresa produtora de Smith, a Overbrook Entertainment. Nunha recente entrevista publicada esta fin de semana, a parella de guionistas dixo que están a reescribir o libreto coa ideia de producir axiña unha nova versión.

Segundo Tamasy, o argumento deste filme sería sobre “un home que está a vivir o soño americano. ten unha bonita casa, un valado branco, uns rapaces estupendos, muller, coches… Mentres, Deus e o Demo, unha parella de seres sobrenaturais e superpoderosos que adoitan reunir-se cada par de miles de anos, deciden apostar sobre a vida deste home, co destino do mundo coma prémio. Todos os males que nos acontecen ao longo dunha vida lle acontecerán a este home en tan só unha semana, e o tema é se pode erguer-se e sobrevivir“.

Os produtores queren contar co director de The Fighter, David O. Russell, para este proxecto, pero Russell ten agora mesmo moitos outros compromisos abertos.