Nova entrega de Percy Jackson

886

Ainda que a primeira parte non foi un grande éxito nin entre o público nin entre a crítica, a Fox 2000 está xa a preparar unha secuela de Percy Jackson and the Olympians: The Lightning Thief.

Baseado na série de cinco libros para adolescentes de Rick Riordan, a segunda entrega contará con Scott Alexander e Larry Karaszewski (Ed Wood, Agent Cody Banks) para adaptar a saga literária ao cinema en forma de guión. A segunda novela da série leva por título The Sea of Monsters.

O primeiro filme presentou-nos ao seu protagonista, un rapaz normal que aprende que é o fillo do deus grego Poseidón e que a mitoloxía antiga segue existindo hoxe en día. A súa segunda aventura levará-o a el e mais aos seus amigos a seguir os pasos de Xasón e os Argonautas, na súa procura do Vélaro de Ouro.

Chris Columbus, que dirixiu a primeira entrega, será só o produtor nesta segunda. Ainda non se deu a coñecero nome do director.

A primeira parte contou cun orzamento de 95 millóns de dólares, dos que recuperou 88 nos despachos de billetes dos Estados Unidos e 138 no resto do mundo. A versión en DVD recadou outros 35 millóns en sólo americano, pero de todos os xeitos, as críticas foron bastante negativas, alcumándo-o coma “o clon de Harry Potter”.

A Fox quere escomezar coa produción canto antes, para que a base de fans da primeira entrega teña continuidade na segunda e poidan asemade evitar desastres coma o da recente produción de propaganda católica The Chronicles of Narnia: The Voyage of the Dawn Treader, que pasou completamente desapercibida nos Estados Unidos.