Un brasileiro en Robocop

0
168

O director brasileiro José Padilha (Tropa de Elite 2 – O inimigo agora é outro) está a negociar a súa participación no remake do clásico filme de ciéncia-ficción Robocop, que dirixiu o holandés Paul Verhoeven en 1987 para a MGM Films.

Ambientado nun Detroit do futuro dominado polo crime e a violéncia, o filme orixinal ía sobre un policía que resulta morto nun acto de servizo, pero é resucitado grazas a un experimento dirixido por unha poderosa corporación, que quere crear policías robóticos.

A MGM leva xa vários anos tentando retomar esta franquía, que foi moi popular nos anos 80, pero até agora as últimas novas eran que o director de Black Swan, Darren Aronofsky, era quen dirixiría este proxecto. Nombergantes, após dos problemas económicos da Metro, Aronofsky tivo que pasar e deixa-lo nas mans doutro responsábel.

Agora que a Metro semella recuperada grazas ás aportacións económicas de Gary Barber e Roger Birnbaum, o león está de volta e quere producir canto antes un filme que pola súa popularidade lle reportará benefícios asegurados.