Tomlinson, a princesa de Jack the Giant Killer

0
184

A actriz inglesa Eleanor Tomlinson (The Illusionist) será a protagonista feminina do filme de Bryan Singer Jack the Giant Killer para a New Line e mais a Legendary Pictures. Tomlinson, que ten 19 anos, será Isabella, unha princesa que fuxe do seu reino e é secuestrada polos xigantes. Pero antes do secuestro coñece a Jack, un fillo dun granxeiro interpretado por Nicholas Hoult e que será quen se encargue de intentar libera-la.