Canzón de Xeo e Fogo, quinta parte

859

O vindeiro libro da saga de George R.R. Martin Canzón de Xeo e Fogo xa conta por fin cunha data de publicación.

Após de seis longos anos de espera, a quinta entrega desta saga literária que está a ser levada á televisión actualmente está xa cada vez mais preto do seu remate (a ideia é chegar aos 7 tomos). O título do libro será A Dance With Dragons e aparecerá nos andéis das librarías o vindeiro 12 de xullo. O manuscrito é moi grande, o que pode facer chegar o libro até as 900 páxinas, mais ou menos o mesmo que A Storm of Swords, que foi a terceira parte.

Segundo o seu autor, o traballo levou-lle mais do agardado porque “é moi complicado. Teño unha chea de persoaxes e puntos de vista. E fixen unha manchea de revisións, tentando chegar a onde quería chegar. Algúns dos capítulos foron reescritos mais veces das que podo contar antes de que estivera satisfeito con eles“.

Ao respeito do argumento, Martin non quixo ser moi explícito: “Non quero chafar ningunha sorpresa. Podo dicir que todos os persoaxes que estivo agardando a xente están aí: Daenerys, Jon Snow e Tyrion. Tamén hai novos persoaxes, e puntos de vista de persoaxes que non tiveran puntos de vista anteriormente“.