A nai de Superman

576

A actriz Diane Lane (Jumper) será Martha Kent na vindeira película de Zack Snyder que relanzará a Superman no cinema da man da Warner Bros. e mais a Legendary Pictures.

Os estudos fixeron público o anúncio onte mesmo, engadindo que Lane será “a única nai que Clark Kent coñeceu“. Pola súa banda, o director Snyder dixo que “Esta era unha peza moi importante do reparto para min porque Martha Kent é a muller cuxos valores axudaron a formar ao home que coñecemos coma Superman. Estamos emocionados de contar con Diane para o papel porque pode transmitir a sabeduría e mais a marabilla dunha muller cuxo fillo ten uns poderes alén da súa imaxinación“.

Lane é polo de agora a segunda persoa confirmada oficialmente para o reparto do filme, após de que Henry Cavill fose anunciado coma o novo Clark Kent/Superman. Nos últimos informes, Kevin Costner e Viggo Mortensen estaban a se disputar o papel de Jonathan Kent e o xeneral Zod respectivamente, pero polo de agora son só rumores e non houbo movementos oficiais ao redor destes persoaxes.