Precuela de Blade Runner?

0
185

A produtora Alcon Entertainment (resposábel do filme de propaganda cristián The Book of Eli) está a manter conversas moi avanzadas para se facer cos dereitos para o cinema e mais a televisión que lle permitirían crear novos filmes, séries e secuelas do inesquecíbel clásico da ciéncia ficción Blade Runner, que Ridley Scott dirixiu en 1982.

Este movemento podería sinificar a aposta mais forte da Alcon Entertainment (unha filial da Warner Bros.) nos seus 13 anos de história. os dereitos da franquía incluirían todo, agás a posibilidade de facer un remake do orixinal.

Así pois, na Alcon xa frotan as mans pensando en posíbeis precuelas, secuelas e toda caste de proxectos baseados en situacións e persoaxes que aparecen no filme orixinal, coma os Replicantes, os Blade Runners e mais a Corporación Tyrell. Bud Yorkin, Broderick Johnson e Andrew Kosove producirían calquera proxecto que xurdise deste posíbel acordo.