Novo guionista en MIB3

0
190

David Koepp (Spiderman, Anxos e Demos) será o encargado durante as vindeiras semanas de refacer o problemático guión de Men in Black III. A produción está arestora paralizada, coa ideia de retoma-la o vindeiro día 28 de marzo.

Tal e coma informáramos previamente, esta terceira parte trata sobre unha viaxe no tempo até 1969, onde Josh Brolin interpreta á versión moza do Axente K, normalmente intepretado por Tommy Lee Jones. As escenas na actualidade foron xa rodadas a finais do ano pasado en New York.

O guionista de Tropic Thunder Etan Cohen escribiu o primeiro boceto do guión, que foi logo reescrito por Jeff Nathanson (Atrápa-me se podes) o ano pasado.

O traballo de Koepp consistirá basicamente en reconciliar ambos guións, que especialmente nas escenas ambientadas en 1969 conteñen moitas incoheréncias. Esta semana Brolin indicou que “algo está a acontecer” co guión que tiña moi emocionado ao director Barry Sonnenfeld.