Star Wars por fin en 3D

0
189

A Lucasfilm e mais a 20th Century Fox anunciaron hoxe de xeito xa oficial que o 10 de febreiro de 2012 é a data escollida para o lanzamento nos cinemas da versión en 3D do primeiro filme dos que compoñen a saga da Guerra das Galáxias, Star Wars: Episode I: The Phantom Menace.

Así pois, os que queiran agardar até o derradeiro da saga, O Retorno do Jedi, terán que agardar nada menos que até o ano 2017, porque a ideia é ir sacando unha a unha as seis entregas, a razón dunha por ano.

Até entón, e a falla doutra cousa que nos levar á boca, os afeccionados deberemos conforma-nos co lanzamento en Blu-ray do paquete completo cos seis episódios, que será o vindeiro 27 de setembro.