A actriz e modelo Elizabeth Hurley ven de revelar no seu Twitter oficial que vai participar nas probas de cásting para o episódio piloto da nova série de televisión da NBC Wonder Woman.
David E. Kelley (Boston Legal, Harry’s Law) produce esta série, que tentará reimaxinar a história da princesa amazona Diana (Diana Prince é o seu nome civil) coma vixiante contra o crime nas rúas de Los Angeles, e ao mesmo tempo coma executiva de éxito nunha empresa, unha muller actual e moderna que tenta equilibrar todos os elementos da súa vida extraordinária.
Hurley dixo que “estou emocionada por facer o episódio piloto da NBC de Wonder Woman. Eu faréi o persoaxe de vilán. Non podo agardar“. O que non se sabe é que vilán será esa, e se o seu persoaxe terá continuidade na série.