Tron: Uprising na tele

0
189

Ainda que Tron: Legacy non funcionou ben abondo nos despachos de billetes como para merecer unha secuela inmediata, os plans da Disney son continuar a saga nunha franquía multiplataforma que escomezará cunha série de debuxos animados titulada Tron: Uprising, xa programada para se emitir na canle Disney XD na tele para o verán de 2012.

Elijah Wood, Emmanuelle Chriqui, Mandy Moore, Paul Reubens, Nate Corddry, Lance Henriksen e Bruce Boxleitner serán os acores que porán as súas voces aos persoaxes desta série, que ten previsto amosar o seu tráiler de presentación xunto ao lanzamento oficial en DVD/Blu-ray de Tron: Legacy.