Sony planea outro Resident

0
147

A Sony Pictures está a planear a continuación da súa franquía de Resident Evil cunha quinta entrega inicialmente prevista para se estrear o 14 de setembro de 2012.

Mália que todos e cada ún dos filmes recebiu severos paus da crítica especializada, os seus baixos orzamentos (ao redor dos 35-60 millóns de dólares) fixeron que pagase a pena nos despachos de billetes e que o negócio de facer unha secuela desta saga sexa ún dos mais seguros nestes intres.

O ano pasado, o filme Resident Evil Afterlife, o primeiro rodado en 3D, sorprendeu a todo o mundo, cando obtivo unha recadación de 60 millóns de dólares nos Estados Unidos (a terceira parte acadara 50) pero nada menos ca 236 millóns no resto do mundo, fronte aos 97 millóns que fixera a anterior entrega.

Así pois, o negócio semella mais ca asegurado para que Resident Evil regrese ás pantallas grandes, e esta vez sen ter que agardar tres anos coma a última vez, senón soamente dous.