Cube en 3D

0
174

A Lionsgate está a considerar a posibilidade de facer unha versión en 3D do clásico da ciéncia-ficción Cube, un filme de culto orixinal do director canadiano Vincenzo Natali estreado en 1997 no que un grupo de xente sen relación entre elas estaba prisioneira dentro dunha xigantesca estrutura con forma de cubo, e no que cada habitación era asemade un cubo, cheo de trampas mortais.