O regreso de Lara Croft

0
165

A produtora GK Films, propriedade de Graham King, ven de se facer cos dereitos para o cinema da franquía de videoxogos de Tomb Raider e tentará relanzar a série cunha nova película en 2013.

A saga, extraordináriamente popular, escomezou cun videoxogo que apareceu en 1996, protagonizado pola ousada aventureira e arqueóloga Lara Croft nunha série de misións por todo o mundo, que continuaron con dous filmes que protagonizou Angelina Jolie no cinema. Lara Croft: Tomb Raider (2001) e Tomb Raider: The Cradle of Life (2003) recadaron 432 millóns de dólares en todo o mundo mália as pésimas críticas que recebiron ambos filmes.

Polo de agora non hai nin guionista nin director vencellados a este proxecto de relanzamento, que de todos os xeitos será posíbelmente un novo início e non unha continuación das dúas anteriores entregas producidas pola Paramount Pictures. Na súa nota de prensa, a GK Films di que a súa intención é “crear emocionantes nova aventuras para a xoven e dinámica Lara Croft“.

A Warner Bros. Pictures e mais o produtor Dan Lin tentaran un relanzamento hai un par de anos, pero nunca chegou a bó porto. Agora King e mais Tim Headington producirán a nova versión.