A Marvel e os Inhumáns

0
171

A Marvel Studios desenvolverá unha adaptación ao cinema dos Inhumáns, a raza de superseres que nos cómics do universo Marvel vive na beira oculta da Lúa, creada polos Kree hai millóns de anos após de experimentaren con seres humáns primitivos.

O filme será unha história de equipo na que poñen aos protagonistas na Terra coma céculas durmintes alieníxenas que finalmente deberán chamar á súa raza para que se apodere do noso planeta. Por suposto, o grupo de áliens está xa asimilado e non quererá causar unha guerra.

Esta non é a única ameaza extra-terrestre que nos prepara a Marvel, porque segundo os rumores mais recentes, tamén teñen previsto utilizar asemade á raza alieníxena dos Skrull coma os inimigos dos Vingadores no outro filme que están a preparar.