Reábre-se o Inferno

0
152

Un rumor non do todo inesperado ven de xurdir no interminábel proceso de remakes que estamos a pasar nas últimas semanas e mesmo meses. Agora é a Universal Pictures quen seica desexa facer unha nova adaptación ao cinema do clásico videoxogo Doom.

Esta versión ignoraría por completo a película de ciéncia-ficción rodada en 2005 e que estivo protagonizada por Dwayne Johnson e Karl Urban, acadando unhas pésimas críticas. Este relanzamento sería en 3D e segundo o rumor, os estudos están xa a procurar un guionista, cousa que polo de agora está sen confirmación.

Doom foi un dos primeiros videoxogos de acción que utilizou a perspectiva en primeira persoa e mais un contorno en 3D. O seu argumento xiraba ao redor dun marine con base en Marte que responde a unha chamada de socorro realizada dende a lúa de Phobos. Alí atopa unha porta transdimensional que o leva ao mesmísimo inferno, onde deberá loitar contra todos os demos coa axuda dunha chea de armas.