Wagner Moura en Elysium

0
251

O actor brasileiro Wagner Moura (Tropa de Elite) será o encargado de interpretar ao vilán en Elysium, o vindeiro filme de ciéncia-ficción épica do director de District 9, Neill Blomkamp.

Ambientado nun século no futuro e noutro planeta, Matt Damon fará o papel dun ex-convito neste conto que polo de agora só sabemos que tratará de temas sociais e seica contén unha boa chea de violéncia. Seica o persoaxe de Moura empregará un senso do humor tolo, e estará acompañado por Jodie Foster e Sharlto Copley no reparto.

A rodaxe escomezará este verán coa ideia de poder estrear o 8 de marzo de 2013.