As poxas por Voltron

0
167

Seica vários estudos andan atrás dos dereitos para levar ao cinema Voltron: Defender of the Universe e están a apostar forte por ser os encargados da financiación.

O pasado outono chegaran novas de que a Atlas Entertainment tomara o control do proxecto, con Thomas Dean Donnelly e Joshua Oppenheimer (Conan) coma guionistas.

A Relativity Media está entre as produtoras interesadas e loitando por se facer cos dereitos nunha batalla económica que conta ademáis coa World Events Productions, unha empresa de St. Louis que creou a série orixinal. Charles Roven e Richard Suckle están vencellados á produción.

O filme non entrará en conflito con Voltron Force, a nova série de televisión que escomezará a se emitir na canle Nicktoons (propriedade da Viacom) este mes de maio. O obxectivo do filme é chegar ás pantallas para 2013 ou 2014 coma moi tarde, xusto a tempo de celebrar o 30 aniversário da franquía.

Voltron foi unha série de anime da década dos 80, creada pola Toei Animation en Xapón. O seu éxito levouna a ser dobrada ao inglés e editada, momento no que se reescribiron os guións, eliminando violéncia e referéncias á cultura xaponesa para a nova audiéncia nos Estados Unidos.