King anúncia outra entrega da Torre Escura

844

Nunha nota feita pública onte e dirixida aos seus lectores a través do seu sítio Web, Stephen King, o mestre do terror, ven de anunciar un novo episódio para a súa saga d’A Torre Escura.

A história importante de Roland e o seu ka-tet estába xa contada, pero decatei-me de que había alomenos un burato no avance da narración: o que lle aconteceu a Roland, Jake, Eddie, Susannah e Oy entre o momento en que deixan a Cidade Esmeralda (o remate de Wizard and Glass) e cando os atopamos outra vez, ás afóras de Calla Bryn Sturgis (o comezo de Wolves of the Calla)?“, explicou King, quen engadiu algúns detalles: “Houbo unha treboada, decidín. Unha dunha intensidade feroz e repentina. Pouco a pouco unha história escomezou a tomar forma. Vin unha ringleira de xinetes, ún deles o vello amigo de Roland, Jamie DeCurry, aparecendo entre unha nube de pó ácido, e cabezas curtadas  empaladas en postes. Vin un pantano cheo de perigos e terrores. Vin só abondo como para querer ver o resto…“.

O resultado destas visións será unha novela titulada The Wind Through the Keyhole, e que xa está rematada e disposta para aparecer nos andéis das librarías o ano que ven. O libro é mais curto cás entregas 2 á 7 da saga pero un pouco mais longo có primeiro da série, na que encaixaría entre os tomos 4 e 5. Segundo King, “Non vai cambiar a vida a ninguén, pero ceos, eu divertin-me“.