Tron, o día seguinte

0
183

Hai uns meses escomezaran a xurdir rumores verbo dun tráiler para a terceira parte de Tron, e que estes tráilers estarían incluidos nas edicións en DVD e Blu-ray de Tron: Legacy. Pois seica algo de verdade habría no rumor.

Ven de aparecer no sítio Web de vídeos Youtube un clip de mais de 10 minutos de duración que semella ser ún dos dous devanditos tráilers, titulado Tron: The Next Day, e que sería coma un epílogo de Tron: Legacy mais ca un anúncio do que sería a terceira parte da saga.

De feito, e debido ao uso que fai de anteriores escenas xa aparecidas en Tron: Legacy, este vídeo ten toda a fasquía de ser un viral, filtrado a mantenta coa idea de promocionar o vindeiro lanzamento en disco da famosa secuela de ciéncia-ficción.

En calquera caso, o vídeo é público e a Disney non pediu que o borrasen, polo que volo ofrecemos de seguido, coa adverténcia de que contén importantes SPOILERS para os que aínda non coñezan o que aconteceu en  Tron: Legacy. Tamén hai un segundo vídeo, no que seica aparecen os persoaxes de Olivia Wilde e Cillian Murphy, pero ainda non se fixo público.