Terra Nova, adiada

0
159

A estrea na canle Fox do episódio piloto de Terra Nova, a nova e moi agardada série producida por Steven Spielberg, ven de se adiar alomenos até o vindeiro outono.

O plan era facer debutar o piloto en maio, coa intención de que se todo ía ben, se presentase o resto da tempada a partir de outono. Pero agora, nun comunicado de prensa oficial feito público antonte pola Fox, confirmou-se que o episódio piloto debutará tamén en outono, xunto o resto da tempada das outras séries da mesma canle.

Kevin Reilly, presidente de emisións da Fox, confirmou que o atraso é debido aos efectos especiais: “os efectos especiais de última xeración usados para crear o mundo de Terra Nova son dunha envergadura e un alcance xigantescos e requerirán mais tempo para a súa realización. Este aspecto da série é esencial, polo que imos adiar a estrea do especial para lle dar á quipa de efectos especiais o tempo abondo que precisan para  o seu traballo“.

Esta série de ciéncia-ficción, producida por Steven Spielberg, vai sobre un pequeno grupo de humáns que fuxen 85 millóns de anos ao pasado para formar un asentamento nunha terra prohibida. Pero os aventureiros axiña descubren que este mundo saudábel e cheo de vida non é tan idílico coma semella, e que non só os dinosáuros son perigosos.