Nárnia múda-se a México

0
203

A capa do libroA terceira entrega da franquía da Disney e mais a Walden Media As Crónicas de Nárnia mudarán-se a México para rodar no canto de seguir facéndoo en Nova Celándia, onde se fixeron as dúas anteriores partes.

A produción dos dous primeiros filmes (O León, a Bruxa e o Armário e O Príncipe Cáspian) fíxo-se en Nova Celándia maiormente porque o governo daquel país ofrecía incentivos fiscais. Ademáis, a Weta Digital e mais a Weta Workshop, que crearon a maior parte dos efectos especiais e dos escenários dos filmes, tamén son empresas daquela nacionalidade.

Pola contra, o terceiro filme, que levará por título Voyage of the Dawn Treader [A travesía do viaxeiro do Alba], e que será dirixido por Michael Apted, precisará grandes escenários de són e mais un xigantesco tanque de auga. De feito, o título do filme refíre-se ao barco que será utilizado coma escenário principal.

Por tal causa, a produción mudará-se a Rosarito, México, e concretametne aos estudos cinematográficos Baja, onde rodáron-se filmes coma Titanic, Deep Blue Sea e Master and Commander.

Nombergantes, as localizacións que se tiñan previsto en Austrália utilizarán-se tal e coma estaba planeado. A produción estaba prevista para escomezar en outubro, pero vai-se deixar para o mes de xaneiro de 2009.