Após do devastador terremoto e o non menos catastrófico tsunami que o pasado venres asolou o norde de Xapón, por non falar do inminente risco de desastre nuclear, o país asiático ten diante de si un difícil camiño cara á recuperación. E polo de agora seica algúns pensan que é unha boa ideia escomezar censurando algúns filmes que están nas carteleiras de cinema durante estes días.
O primeiro en sufrir a censura será Hereafter de Clint Eastwood, que escomeza precisamente cunha secuéncia moi realista do tsunami que hai uns anos azoutou á costa sur leste asiática. O presidente da Warner Entertainment en Xapón, Satoru Otani, dixo que continuar proxectando este filme será “inapropiado”.
Pola súa banda, a distribuidora xaponesa Shochiku deixará de proxectar o filme chinés Aftershock, que trata sobre o terremoto que en 1976 destruiu a rexión chinesa de Tangshan e cobrou a vida de 250.000 persoas. Ademais, tamén relembra o terremoto que en 2008 sacudiu a província de Sichuan matando a outras 80.000 persoas.
Este filme tiña prevista a súa estrea nos cinemas IMAX o vindeiro 26 de marzo en Xapón.