O realizador australián Shane Abbess será o encargado de dirixir o thriller de ciéncia-ficción 7th Day para a Dino De Laurentiis Co.
O guionista de Source Code, Ben Ripley, escribiu o argumento deste filme, que vai sobre unha viaxe para establecer unha colónia humán noutro planeta. Abbess e Ripley escribiron a história orixinal, que algúns resumen coma “O Relostro nunha nave espacial“.
Martha De Laurentiis será a produtora. Abbess dirixiu anteriormente o thriller de baixo orzamento Gabriel, que serviu para lanzar a carreira o antigo actor de Spartacus Andy Whitfield.