Clifton Collins en Hellbenders

0
165

Clifton Collins (o romulán Ayel en Star Trek) será o protagonista de Hellbenders, a vindeira longametraxe sobrenatural en 3D da Circle of Confusion que dirixirá J.T. Petty.

A história vai sobre un grupo secreto de demonólogos de elite nunha diócese de Brooklyn que deben loitar contra unhas forzas sobrenaturais que ameazan as súas vidas e á súa fe noutros deuses.

Petty é asemade o autor do guión, baseado nunha novela gráfica que el mesmo escribiu. Clancy Brown e Dan Fogler son os outros protagonistas deste filme, que comezará a se rodar esta mesma semana coa produción de Lawrence Mattis, Jon Denny e David Moscow.