O relanzamento de Daredevil

0
176

O director de 30 Days of Night e The Twilight Saga: Eclipse, David Slade, está en conversas para desenvolver e dirixir un relanzamento da franquía de Daredevil na  20th Century Fox e a Regency.

Ainda non hai un guionista vencellado a estas alturas do proxecto, que os estudos pretenden basicamente continuar no punto onde rematou o filme de 2003 protagonizado por Ben Affleck, quen afortunadamente non está vencellado ao proxecto de ningún modo.

Pouco despois de se facer pública a anterior información, sóubo-se que este proxecto será mais un relanzamento ca unha secuela, e que o argumento podería ser unha adaptación de Born Again, a críticamente aclamada série de cómics de Frank MillerDavid Mazzucchelli. Nesa famosa série, Kingpin averígua a indentidade secreta de Daredevil, e comeza a destruir a súa vida sistemáticamente.

O proxecto está aínda en desenvolvemento, o que sinifica que ainda pasará moito tempo antes de que saibamos cal será o seu argumento finalmente. E polo de agora, Slade estará ocupado os vindeiros meses co filme de terror The Last Voyage of the Demeter, que conta con Ben Kingsley e Noomi Rapace coma protagonistas.