Apocalipsis Z podería chegar ao cinema

0
159

O escritor de orixe galega Manuel Loureiro ven de confirmar no seu Facebook que Vaca Films e Filmanova mercaron os dereitos para o cinema da súa popular série de novelas de zombis Apocalipsis Z. A súa primeira novela xiraba sobre unha vaga dun virus a nivel mundial, que transformaba aos infectados en zombis que obrigaban aos poucos sobreviventes a escapar para conservar a vida. A novela, que nun principio xurdiu como un blog na internet, converteu-se axiña nun fenómeno de culto a través da rede.