A canle BBC ven de confirmar a cancelación definitiva da súa série de ciéncia-ficción Outcasts. O programa, protagonizado por Hermione Norris, Liam Cunningham e Eric Mabius, rematou a pasada fin de semana coa súa primeira tempada, de oito episódios. Nombergantes, após de se dar a coñecer os primeiros índices de audiéncias, a canle decidiu mudar a série á noite dos domingos, onde a audiéncia caiu xa até o chan.
Após do derradeiro episódio, que contou con 1,5 millóns de espectadores (un 11% da audiéncia totoal no Reino Unido) a conta oficial da série no Twitter lanzou unha mensaxe desesperada pedindo apoio aos espectadores, pero estes non responderon e onte a dirección da BBC decidiu cancelar a série, sen lle dar a oportunidade de escomezar unha segunda tempada.
O guionista Ben Richards deu as grazas aos espectadores polo seu apoio durante tres meses, e engadiu: “Aos que preguntades, ainda hai algunhas ideias no aire sobre a segunda tempada “desaparecida”. Seredes os primeiros en saber!“.
Richards revelara anteriormente que sería na segunda tempada cando se sabería que mistério rodea aos protagonistas, que viven nun planeta que tiveron que colonizar após de fuxir da Terra. O derradeiro episódio da primera e única tempada fica cunha grande pregunta no aire, que se supón ía resolver-se na seguinte tempada, pero xa non haberá resposta.