Novos Horizontes para Kosinski

0
184

Oblivion, a segunda longametraxe do director de anúncios Joseph Kosinski após do seu grande éxito do ano pasado, Tron: Legacy, ven de mudar de título e de guionista.

Ambientada nun futuro apocalíptico onde a maioría daxente vive no ceo porque a superfície da Terra volveu-se inhabitábel, estará protagonizada por un soldado que fica atrapado na superfície e que debe adicar-se a traballar coma reparador de robots de combate adicados a buscar e cazar aos áliens que rapinan a Terra.

Durante o seu traballo, atopará unha fermosa muller cuxa nave ven de se estrelar na superfície e xuntos embárcan-se nunha espectacular aventura. A película está baseada nun cómic editado pola Radical Publishing.

O novo título do proxecto é Horizons, e Karl Gajdusek (Trespass) será o encargado de reescribir o libreto orixinal, que fixera William Monahan. A Disney Pictures producirá o filme.