Final Fantasy XIII en Xbox e PS3

0
187

Final Fantasy XIIIA vindeira 13ª entrega do clásico entre os clásicos da fantasía no mundo dos videoxogos, o xogo de rol Final Fantasy, aparecerá ao mesmo tempo para as plataformas da Xbox 360 e PlayStation 3, segundo ven de confirmar Yoichi Wada, o presidente da Square Enix, nun anúncio especial no decurso dunha rolda de prensa no stand da Microsoft na Electronic Entertainment Expo que se está a celebrar en Los Angeles. Non se anunciou ningunha dta de lanzamento.

O anúncio foi posterior a unha presentación sobre os vindeiros títulos da Enix: “Teño un anúncio máis que compartir“, dixo Wada. “Boten unha ollada a este filme“. E de seguido amosou un abraiante tráiler novo de Final Fantasy XIII.

Wada tamén ofreceu información sobre o lanzamento doutros títulos da Square Enix: Infinite Discovery, o 2 de setembro de 2009; Star Ocean: The Last Hope, en primavera de 2009; e The Last Remnant, o 20 de novembro de 2009.