Aronofsky abandoa a Lobeto

802

Darren Aronofsky ven de abandoar a dirección de The Wolverine para a 20th Century Fox. Nun comunicado conxunto entre a Fox e Aronofsky, o director da recente Black Swan deu a seguinte razón para a súa marcha:

A medida que falaba mais sobre o filme cos meus colaboradores na Fox, quen apoiaron totalmente o meu traballo na película, fíxo-se-me mais e mais claro que a produción de The Wolverine mantería-me fóra do país durante alomenos un ano. Eu non estaba cómodo coa ideia de non ver á miña família durante ese tempo. Estou triste de non poder ver o proxecto rematado, porque ten un guión boísimo e eu desexaba traballar co meu amigo Hugh Jackman unha vez mais”.

A Fox engadiu pola súa banda que “ficaremos totalmente comprometidos en facer The Wolverine” e que “nos refaremos e continuaremos adiante sen dúbidas“.

De todos os xeitos, os estudos aínda non deran a luz verde para o filme, que se rodará fóra dos Estados Unidos nunha grande parte. O problema agora mesmo é que o filme ía rodar-se en Xapón, onde os recentes desastres (e os que seica están por vir) fan que o plan sexa pouco menos ca imposíbel.