Lawrence en Hunger Games

898

Xa é oficial: a prometedora actriz de 20 anos e nominada a un Oscar Jennifer Lawrence será a protagonista da adaptación ao cinema de The Hunger Games por parte da Lionsgate. Lawrence levaba vencellada ao papel unhas cantas semanas, pero foi só onte cando o acordo se fixo oficial e todos os contratos ficaron asinados.

O proxecto está baseado na série de novelas de Suzanne Collins, que moitos miran xa coma “o seguinte Twilight” pero para todas as idades. O filme en preparación será o primeiro dunha triloxía protagonizada por un triángulo amoroso ambientado nun futuro distópico, onde América do Norde foi dividida en doce distritos asoballados, cada ún dos cales debe enviar un tributo consistente en un rapaz e mais unha rapaza, que competirán a morte nunha batalla televisada unha vez ao ano.

Collins adaptou o seu própio libro e Billy Ray (Shattered Glass) re-escribiu o guión. O protagonista masculino, pola súa banda, aínda está por se decidir, pero os principais candidatos nestes intres son Alex Pettyfer, Josh Hutcherson e Hunter Parrish.