As voces do Lorax

0
182

Taylor Swift, Danny Devito, Zac Efron, Ed Helms, Rob Riggle e mais a veterán Betty White emprestarán as súas voces aos persoaxes protagonistas da vindeira película de debuxos animados que adaptará a novela do Dr. Seuss The Lorax ao cinema da man da Universal Pictures e mais a Illumination Entertainment.

A história vai sobre un rapaz (Efron) que procura un xeito de atraer o amor da rapaza dos seus soños (Swift). O rapaz descubre a história do Lorax, a o monstro rosmón pero encantador (DeVito) que loita para protexer o seu mundo.

Helms porá-lle a voz a Once-ler, un persoaxe que só amosa os brazos e as mans no libro, mentres que Riggle será un cobizoso empresário e White a sábia avoa do rapaz.

Grande parte da equipa que fixo posíbel Despicable Me, incluíndo ao seu director Chris Renaud e aos guionistas Cinco Paul e Ken Daurio traballarán tamén nesta nova longametraxe.